os teléfonos Xiaomi que vende R inclúen o cargador oficial na caixa?
si, na inmensa maioría dos modelos. A diferenza doutros fabricantes, a gran parte dos smartphones Xiaomi e Redmi do noso catálogo aínda inclúen o adaptador de corrente de carga rápida (ou ultrarrápida) oficial e o cable USB na caixa orixinal, alén dunha funda protectora de silicona de agasallo en moitos dos seus modelos.
os móbiles Xiaomi que comercializa R son 100% libres?
por suposto. Todos os teléfonos da marca Xiaomi dispoñibles na nosa tenda son libres. Vendémolos tal e como chegan de fábrica. Non teñen bloqueos de operador nin software promocional que limite o rendemento do terminal, permitíndoche usar calquera tarxeta SIM desde o primeiro momento.
que garantía teñen os móbiles Xiaomi financiados en R?
contas coa garantía legal. Todos os dispositivos do noso catálogo son orixinais e difrutan de 3 anos de garantía oficial. Se experimentas calquera problema técnico ou fallo de batería, podes xestionalo mediante a rede de asistencia técnica oficial de Xiaomi ou contactando co noso soporte ao cliente.
os teléfonos Xiaomi veñen coa capa de personalización HyperOS ou MIUI?
os terminais Xiaomi que vendemos son novos, co que incorporan o sistema Xiaomi HyperOS (o novo ecosistema fluído e optimizado do fabricante) ou reciben a actualización oficial de forma automática ao acender o dispositivo por primeira vez.
todos os terminais Xiaomi teñen carga rápida?
os terminais Xiaomi que vendemos son novos, co que incorporan o sistema Xiaomi HyperOS (o novo ecosistema fluído e optimizado do fabricante) ou reciben a actualización oficial de forma automática ao acender o dispositivo por primeira vez.
podo financiar o meu teléfono Xiaomi sen intereses?
si, podes financiar calquera modelo de Xiami que vendemos. Telo a prazos e sen intereses, coas cotas incluídas na túa factura mensual de R.


© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
