Particulares

Grandes Empresas

chámanos

que facilidades existen á hora de identificar unha liña?

como cliente de R dispós das seguintes facilidades de identificación da liña de orixe e da liña conectada e do xeito no que afectan á protección da intimidade e ao dereiteo á protección dos datos de carácter persoal:
  • “desactivación da presentación do usuario chamante”: ao recibir unha chamada, pódese ver no terminal telefónico o número que chama, a condición de que o terminal teña esa prestación e o chamante non suprimise a identificación da liña de orixe. Esta funcionalidade está activada por defecto en todas as liñas de R. A súa desactivación impedirá ver a identificación do que realiza a chamada en todas as chamadas recibidas. Tanto a presentación do usuario chamante como a desactivación da presentación do usuario chamante son servizos gratuítos.
  • “restrición chamada a chamada da identificación da liña de orixe”: permite ocultar o número ao facer unha chamada, de maneira que non se vexa no terminal telefónico ao que está a chamar, marcando o código 067 antes do número de teléfono en cada chamada desde un teléfono fixo ou ben o código #31# para chamadas desde teléfono móbil. Esta funcionalidade é gratuíta e está activada por defecto en todas as liñas de R. Con todo, a pesar de que o cliente active este servizo, o número aparecerá identificado nas chamadas que realice a entidades que presten servizos de chamadas de urxencias (112) e outras autorizadas para a atención das de emerxencia ou ás relacionadas coa seguridade pública ou a defensa nacional, ou cando sexa procedente conforme á normativa sobre protección e suspensión das garantías do segredo das comunicacións.
  • “restrición permanente da identificación da liña de orixe”: permite que o número non se vexa no terminal telefónico ao que está a chamar de maneira automática e para todas as chamadas. Con todo, como no caso anterior, o número aparecerá identificado nas chamadas realizadas a servizos de chamadas de urxencias (112), relacionadas coa seguridade pública ou a defensa nacional ou cando sexa procedente conforme á normativa. O servizo é gratuíto.
  • “rexeitamento de chamadas desviadas”: permite, no servizo de telefonía fixa, rexeitar chamadas entrantes que fosen desviadas por parte dun terceiro. O servizo é gratuíto. Esta facilidade non se dá no servizo de móbil.
  • “rexeitamento de chamadas con restrición da identificación da liña de orixe”: este servizo permite ao cliente do servizo de telefonía fixa rexeitar as chamadas cuxo número de orixe non veña identificado. Este servizo non é gratuíto. Se o activa aplicaranse as tarifas publicadas e vixentes en cada momento para o servizo. Esta facilidade non se dá no servizo de telefonía móbil, aínda que determinados terminais si ofrecen esta facilidade.
  • "supresión da identificación da liña conectada”: no caso de que transfiran ao terminal dun cliente unha chamada realizada a outro número e a súa liña sexa dixital, o número pode verse na pantalla do terminal telefónico do que realizou a chamada. O cliente pode impedir que o que realiza a chamada vexa o seu número solicitando a activación deste servizo para o servizo de telefonía fixa. O servizo é gratuíto. Esta facilidade non se dá no servizo móbil.
para activar o “rexeitamento de chamadas con restrición da identificación da liña de orixe” e para desactivar os servizos 1, 3, 4, 5 e 6 , podes solicitalo por escrito enviando unha fotocopia do teu DNI ao fax gratuíto 900.82.55.82 ou no apartado de correos 2096, 15080.
a activación dos servizos sinalados cos números 1, 3, 4, e 6 pódelos solicitar por teléfono (1449 para particular e 1446 para empresas), no correo fala-conR@mundo-R.net ou a través de https://mi.mundo-r.com.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais