Particulares

Grandes Empresas

chámanos

que me ofrece R para controlar o meu consumo?

R pon á disposición dos usuarios distintos produtos e servizos para axudalos a controlar os seus consumos:
  • tarifas planas e bonos ou solucións: existen distintas tarifas planas, tanto para chamadas coma para descargas de datos, aplicando calquera delas só en territorio nacional. R tamén ofrece solucións para destinos concretos, como poden ser os bonos de chamadas internacionais ou aqueles para o envío de sms a través da web de R.
  • Ccontrol de gasto en móbil: esta ferramenta permite controlar o gasto mensual, aínda tendo unha tarifa plana.
  • restricións: permiten aos usuarios restrinxir a posibilidade de chamar a determinados destinos, por exemplo servizos de tarificación adicional, SMS Premium e chamadas internacionais.
  • clave de compra VOD: os usuarios poden establecer unha clave de compra para evitar a realización de compras non desesadas a través do descodificador de R.
  • consumos realizados en roaming: os consumos realizados dende o estranxeiro poden supoñer un custo elevado para os usuarios. Por este motivo, cando un cliente sae de España, R manda un sms informando das tarifas nesa zona. Ademais, e só para o caso de descargas, o servizo chega a bloquearse se o cliente non acepta expresamente seguir navegando.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais