R factura os servizos dende o momento en que os podes desfrutar, non antes. Deste xeito, a data de inicio de facturación para as cotas mensuais dos combos será a data da súa instalación e a dos servizos móbiles dende o día en que recibiches a SIM. Se realizaches un cambio de produto, a data para a facturación é a da instalación deste (se foi necesaria) ou a data de solicitude do cambio. En ambos os dous casos as cotas mensuais facturaranse polos días transcorridos dende o cambio ata o final do ciclo de facturación. Se decidiches prescindir dos servizos de R e dispós no teu domicilio de equipamento en réxime de aluguer (decodificador de televisión, router, teléfono fijo, PLCs, etc.) lembra que debes devolvelos. Clica aquí para saber onde podes entregalos. R deixará de facturar as cotas mensuais dos servizos prestados nun prazo máximo de 48 horas hábiles dende a recepción da túa petición de baixa. A partir dese momento xa non poderás realizar máis consumos. Loxicamente R facturará os consumos realizados ata a devandita data e, no caso de que non os devolveses, tamén facturará os equipos.