Particulares

Grandes Empresas

chámanos

que significa wifi dobre banda?

o wifi pode funcionar en dous rangos de frecuencia. O máis común é coñecido como banda de 2,4Ghz, na que funcionan a maioría dos routeres e cablemodems wifi e tamén a maioría dos dispositivos (móbiles, portátiles, etc). Ademais, esta banda tamén a utilizan outros elementos que utilizamos no noso fogar, como microondas ou teléfonos sen fíos. Por isto, é unha banda moi saturada. Esta saturación pode ser a causante de moitos problemas de conexión por wifi. non obstante, o wifi tamén pode traballar na banda de 5Ghz. Non todos os equipos poden utilizar esta banda para conectarse ao wifi, tanto dispositivos coma routeres ou cablemodems wifi. O novo cablerouter de R soporta ambas as dúas bandas simultaneamente.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais