menú

benvido á puraHD R

presentación

R presenta unha nova forma de ver televisión: televisión de alta definición de verdade, con resolución full HD 1080p, conexión HDMI e unha calidade catro veces superior á ofrecida pola TDT-HD na actualidade. E con rebobina dos programas xa emitidos, start over e catálogo de video baixo demanda.
 

oferta canles

dispoñibles 29 canles coas versións HD de Hollywood, FOX, AXN, TNT, Calle 13, Central Comedy, TCM, MGM, Sundance, Xtrm, SyFy, Cosmo, AXN White, Fox Crime, National Geographic Channel, Nat Geo Wild, Viajar, Odisea, Canal Cocina, Decasa, Eurosport, Sportmanía, Teledeporte, Canal+Liga, La1, Antena3, Cuatro, Telecinco e laSexta, así coma contidos en alta definición en catálogo R.

 

rebobina

a televisión R adáptase a ti porque podes acceder gratis a contidos gravados durante a última semana nunha serie de canles como FOX, AXN, TNT, TCM, Historia, Odisea, Canal Cocina, TVG... Así coma comprar películas, series, documentais ou concertos de música e visionalos coma se fosen un DVD durante 24 horas.

 

desco eco

novo descodificador máis pequeno e ecolóxico con desconexión automática, nova guía de programación especialmente deseñada para a alta definición e novo mando a distancia universal, preparado para os novos servizos de recomendación e busca de contidos, así coma coa posibilidade de conectarse a internet.

"pura" HD por fibra óptica

que multiplica por 4 a calidade da TDT HD.

22 canles HD que iremos aumentando progresivamente.

nuevo desco R HD

preparado xa para próximos servizos como: gravador persoal mediante disco duro inserible, 2 entradas USB para reproducir contidos dende discos duros externos, conectar unha cámara para videoconferencia ou conectar o teu desco por wifi a outros dispositivos como tablets, smartphones ou ordenadores.

2 conexións Ethernet para conectar con máxima calidade a través do desco consolas de videoxogos a internet, reproducir contidos de internet, conectarse a unha rede local na casa, etc. e a posibilidade futura doutros moitos servizos.

rebobina R y catálogo R

rebobina R y catálogo R

accede mediante a tecla "vídeo" do novo mando R para ver programas xa emitidos nas principais canles da grella de televisión R, con funcións de avance rápido, retroceso, pausa, etc.

"startover": posibilidade de ver dende o inicio un programa xa en emisión pulsando "play" se aparece o símbolo

nueva guía de programación

mellorada con máis funcionalidades.

descúbreas pulsando "menú" no mando R e pulsa "OK" o "info" para ver a miniguía de programación.

desco R HD ecoeficiente

que se desconecta automaticamente para aforrar electricidade, non é necesario apagalo manualmente. No caso de ter que desenchufalo da rede, por favor esperar arredor dun minuto ao seu reinicio. Recomendamos non cambiar de canle ao acender o desco R HD ata que apareza a imaxe en pantalla.

* 45 euros de instalación se non tes mantemento bronce ou superior contratado


todas as posibilidades ao teu alcance mediante a conexión HDMI, a única realmente dixital HD, para desfrutar da verdadeira alta definición de tv R e con outros tipos de conexións se aínda estás a esperar pola tele que queres: YPrPb ou o menos recomendable euroconector; saída de audio dixital 5.1, porto ethernet para a conexión a internet.

indicadores claramente visibles para que saibas en todo momento o estado do teu desco R HD, botóns físicos por se quedas sen pilas no mando en mal momento, indicador de conexión á rede para o teu servizo de internet no desco, indicador de gravación... E unha entrada USB das dúas que ten o desco porque sempre podes querer acceder a outros contidos e desfrutarlos en alta definición ou en 3D e, na parte superior, todo preparado para que dispoñas dun disco duro por se non che convence a programación de rebobina, ti elixes o que queres gravar.