Ordenador, ratón y planta

TV

tv comigo

que é tv comigo?

tv comigo é a nova forma de ver a televisión R. Grazas ás mobilidade que ofrece internet, podes dispoñer dun dos servizos de entretemento online máis versátiles do mercado e acceder aos contidos da televisión R onde queiras e cando queiras.

cant custa tv comigo?

o servizo é totalmente gratuíto para calquera cliente TV dixital de R.

como accedo a tv comigo?

para acceder dende unha tablet ou iPad será necesario descargar a aplicación gratuíta (App) co nome tv comigo (R TV) da tenda de aplicacións correspondente (Google Play ou Apple Store).

  • As ligazóns ás aplicacións nas tendas son:
    Google Play
    Apple Store

  • dun ordenador persoal ou portátil, será necesario acceder mediante un navegador compatible (Google Chrome), á web: tv comigo.

que funcionalidades ten tv comigo?

tv comigo dispón de diferentes funcionalidades que se detallan a continuación:

- pódese gozar de toda a TV en directo, isto é, podes gozar das mellores canles independentemente do lugar onde te atopes. Ademais, esta TV en directo dispón da funcionalidade de inicio, a cal permite volver ver dende o principio os contidos xa empezados.
- posibilidade de gozar das mellores series, cinema, documentais e outros programas de entretemento dende o videoclub.
- a través da guía de programación, poderás consultar facilmente toda a grella. É máis, poderás reproducir tanto contidos pasados como en directo dende a guía.
- en canto ás gravacións, pódense programar distintos contidos para gravar, os cales poderán ser reproducidos non só dende a aplicación, senón dende o teu deco tamén.
- existe tamén a posibilidade de configurar o idioma da túa aplicación, galego ou castelán.
- para as series, esta implementada a posibilidade de “configurar o seguinte episodio”, o que permite que se esta funcionalidade esta activada, ao terminar un capítulo dunha serie, automaticamente a aplicación reproducirá o seguinte capítulo desa serie.
- por último, destacar que existe a funcionalidade do buscador para atopar calquera contido de maneira rápida e eficaz.

quen pode acceder a tv comigo?

o servizo de tv comigo está dispoñible para todos os clientes con deco de R. Se aínda non es clientes da tv dixital de R, para coñecer aas vantaxes que supón o servizo de TV dixital de R accede á web: https://www.mundo-r.com
para acceder, lembra que o usuario e o contrasinal é o mesmo que se usa para acceder á web de clientes.

que necesito para acceder a tv comigo?

para acceder al servizo es necesario:
- ser cliente de televisión R.
- contar con algún dos seguintes dispositivos: Windows ou MAC, iPad ou iPhone, tablet ou smartphone Android.

cantos dispositivos podo usar á vez?

podes rexistrar ata 5 dispositivos coa mesma conta e reproducir contido ata en dous dispositivos simultaneamente.

que pasa se ao acceder ao servizo me sae a mensaxe: "alcanzaches o número máximo de dispositivos rexistrados?"

significa que alcanzaches o número máximo de dispositivos nos que podes ter instalada a aplicación. Para acceder ao servizo dende o novo dispositivo deberás primeiro borrar algún dos dispositivos que teñas dado de alta. Unha vez feito isto, poderás acceder ao servizo dende o novo dispositivo.
Para isto, disporás da seguinte pantalla:
Número máximo de dispositivos rexistrados
Número máximo de dispositivos rexistrados

onde podo xestionar os meus dispositivos?

existen dos maneras de xestionar os teus dispositivos:
1. primeira forma de xestionar os dispositivos: dende a propia aplicación no apartado de axustes seleccionando a opción de “xestionar dispositivos”.
Xestionar os meus dispositivos
unha vez seleccionado este apartado, aparecerá automaticamente a pantalla cos diferentes dispositivos rexistrados na conta. Dende aquí, o usuario poderá dar de baixa calquera deles.
Xestionar os meus dispositivos
2. segunda forma de xestionar os dispositivos: dende o seguinte enlace para acceder á web de clientes e sigue os pasos que aparecen a continuación.
web de clientes
introduce o teu usuario e contrasinal e accede á zona de cliente.
Xestionar os meus dispositivos
tras identificarte, accede ao apartado de TV.
Xestionar os meus dispositivos
unha vez aquí, accedendo ao apartado de televisión, poderás consultar a información sobre o teu servizo de televisión.
Xestionar os meus dispositivos
para acceder á información sobre tv comigo, selecciona o apartado TV multicanle dixital (indicado coa frecha).
Xestionar os meus dispositivos
por último, selecciona o apartado de “xestión de dispositivos tv comigo new” e podrás xestionar todos os dispositivos da túa conta do seguinte xeito:
Xestionar os meus dispositivos

eque dispositivos e sistemas operativos son compatibles?

os dispositivos e sistemas operativos compatibles para o servizo son os seguintes:
- MAC: OS X 10.10 e superiores.
- tablets e smartphones Android: no existen requerimentos de hardware, pero si de sistema operativo: dende Android 5 e versións superiores.
- iPhones: iOS 10, iOS 11, iOS 12.
- PC: Windows 7.1 (32/64bits), Windows 8 (32/64bits), Windows 10 (32/64bits)
ademais, hai que destacar que o navegador soportado para os sistemas operativos arriba indicados para MAC e PC é Google Chrome.

necesito instalar algo para usar tv comigo?

para acceder dende unha tablet ou iPad será necesario descargar a aplicación gratuíta (App) co nome tv comigo (R TV) da tenda de aplicacións correspondente (Google Play ou Apple Store).
dende un ordenador persoal ou portátil, será necesario acceder mediante un navegador compatible (Google Chrome), e seguir os seguintes pasos:

  • entra na web tv comigo
  • pon o teu usuario e contrasinal en Entrar.
  • instala o plugin de tv comigo. Para isto, o navegador directamente mediante a seguinte mensaxe redireccionará a Chrome web store para que a poidas instalar.
    Instalar TV Conmigo
    se os plugins non se descargan automaticamente tamén os podes descargar dende os seguintes enlaces: PC.
  • unha vez instalada a extensión, debes refrescar o navegador e xa poderá desfrutar de tv comigo.
  • podo gravar contidos dende tv comigo?

    si, pódese tanto programar como reproducir as gravacións.

    podo ver contidos con subtítulos?

    de momento non hai subtítulos.

    podo cambiar o idioma do audio?

    o dobre audio só está na app nalgúns contidos de rebobina.

    que facer se ao entrar en tv comigo dende Google Chrome me aparece a mensaxe de “non foi posible rexistrarse”?

    sigue os estes pasos:
    - borra os datos de navegación do navegador da seguinte forme:
    non foi posible rexistrarse
    - refresca a páxina de tv comigo.
    - introduce o teu usuario e contrasinal > Entrar

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto