Ordenador, ratón y planta

TV

televisión 4K

pódese manexar o deco dende o móbil, tablet ou teclado?

si. Pregúntase na fase inicial de configuración e pódese escoller entre portátil, móbil e teclado. Para que funcione é preciso:
- ter o bluetooth activo no deco e no móbil
- ou ter conexión wifi no móbil na mesma LAN que o deco, e no deco ter conexión por cable (ethernet)
poden ser necesarias varias procuras antes de que funcione.

como volvo atrás dende o menú de Google?

pulsando as teclas: “menú”, “rebobina” ou “mi tv”.

é posible bloquear os axustes xerais de Google?

non hai posibilidade de bloqueo por PIN.

pódese cambiar a configuración de rede e ter unha conexión wifi?

si, pero R non a recomenda para un correcto funcionamento do deco 4k.

o deco 4k dispón de Google Cast integrado?

si, e vén activado por defecto.

a funcionalidade GoogleCast é equivalente ao Chrome Cast?

non ao 100%. Hai aplicacións que non funcionan en Google Cast e si o fan en Chrome Cast.

como funciona Google Cast?

simplemente tes que buscar en servizos como Youtube esta icona e pulsar nela Google Cast
preguntarache onde queres enviar o sinal. Escolles o “skipper”, que é o teu deco 4K e listo. Neste vídeo pódelo ver en detalle.

a activación de HDMI-CEC, pode provocar comportamentos non desexados?

si. Non todos os dispositivos son compatibles. Nese caso R recomenda desactivalo.

o meu deco apágase só. Podo cambiar esa configuración?

o deco 4k ten activado un sistema de aforro de enerxía de maneira que entra en standby tras 4 horas de inactividade e 5 minutos antes actívase o salva pantallas. Esta configuración pódese modificar no menú Google > Axustes > Dispositivo > Salva pantallas..

é posible ter configuradas no deco 4k dúas contas de Google?

non. Só se pode ter unha definida. Para cambiar de conta, hai que borrar a que está en uso e iniciar sesión de novo coa nova conta (Menú Google > Axustes > Persoal > Engadir conta).

para memorias externas, o deco é compatible con todos os formatos de sistema de ficheiros?

o deco 4k é compatible con FAT32, EXT2, EXT3 e EXT4. Non é compatible con NTFS nin con exFAT.

como podo desinstalar unha aplicación descargada?

a maneira máis sinxela é dende o menú Google > Axustes > Aplicacións >aplicacións descargadas, e seleccionar a que se quere borrar.

en procuras de Google, como se activa o teclado Android?

actívase coa frecha cara a dereita no mando a distancia. Non hai procuras por voz no mando.

cambiei de domicilio e perdéronse as gravacións que fixen no deco 4k, é un erro?

non, é un comportamento normal. Nun traslado non se manteñen as gravacións programadas con anterioridade ao cambio.

podo programar unha gravación dun contido cuxa emisión xa comezou?

si, se está dispoñible para ser gravado. Aínda que xa comezase o contido gravarase completo.

cantos días teño dispoñible unha gravación que eu programei?

30 días dende a súa emisión.

como podo buscar contidos por voz?

non é posible facer unha busca directa de contidos por voz. Pero podes descargar no teu móbil a app “Android TV Remoto Control”. Asocias a aplicación ao noso deco e xa podes buscar contidos usando a voz.

como fago para ver os arquivos dun disco duro conectado ao porto USB ou que están na tarxeta SD do deco 4K?

é necesario que descargues unha app para a xestión de arquivos en dispositivos externos, como poden ser ES FileExplorer, AnExplorer ou ben podes descargar unha app de xestión de contidos multimedia, como Kodi, Plex ou VLC (vídeos).

hai algunha limitación no tamaño dun disco duro conectado ao deco 4K?

non hai limitación. Iso si, para almacenamentos externos grandes, como 1TB HDD, necesítase alimentación externa (non funciona enchufado só ao deco 4K). No caso de que se enchufen tarxetas microSD grandes (64 ou 128GB), o deco tardará en realizar a exploración se ten moitos ficheiros.

como podo poñer un PIN, clave de compra ou control parental?

se desexas poñer un PIN de compra ou ben unha clave de control parental, pódelo facer desde axustes > control parental. Por defecto o PIN é 1234, pero podes establecer o que queiras. Ademais da compra de eventos, podes bloquear determinadas canles ou os contidos por idades.
television 4k

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto