chámanos GRATIS881 304 130
Mundo R
área cliente

881 304 130

Ordenador, ratón y planta

móbil

contestador avanzado

como podo activar o contestador do meu teléfono? e desactivalo?

Ppara activar o teu contestador, teclea no teu móbil o seguinte código *004*278# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono para desactivalo, teclea no teu móbil o seguinte código #004# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono poderás atopar máis información na páxina explicativa do manual de usuario.
tamén podes activar e desactivar o buzón dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "configurar contestador móbilR".

as chamadas ao contestador teñen custo?

non. Podes consultar as mensaxes que teñas no teu contestador de forma gratuíta

como sei se alguén me deixou unha mensaxe no meu contestador?

cada vez que alguén deixe unha mensaxe no teu contestador, enviarémosche unha mensaxe curta avisando que tes unha mensaxe nova e o número de teléfono da persoa que cha deixou para que a escoites cando queiras.

podo acceder ao meu contestador dende o estranxeiro?

Ssi. Se estás no estranxeiro podes acceder ao contestador marcando o 0034698111277 e introducindo a túa clave de acceso se non sabes configurar a túa clave de acceso, ensinámoste no manual de usuario.
recorda que esta chamada ao estar no estranxeiro si ten custo. Consulta o prezo dunha chamada en roaming

podo personalizar a mensaxe de benvida ao meu contestador?

claro. A primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de facelo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración. Poderás personalizar toda a mensaxe ou simplemente poñer o teu nome.
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario.

podo escoitar o meu contestador en galego?

si. O contestador de R pódese escoitar en castelán ou galego. Ti elixes.
a primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de elixir o idioma no que o queres escoitar, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario.

cando estou escoitando unha mensaxe, non me din quen a deixou, hai algunha forma de que mo diga?

por defecto non che di eses datos porque xa os tes na mensaxe de aviso e, desa forma, lémosche antes a mensaxe. Pero se desexas coñecer eses datos, tes 2 posibilidades:
- mentres escoitas a mensaxe pulsa a tecla 5 para coñecer quen che deixou a mensaxe e a tecla 6 para saber a hora á que cho deixou.
- configura o teu contestador para que por defecto che diga a persoa que che deixou a mensaxe e a hora. Ensinámoste como no manual de usuario.

podo acceder vía web ás miñas mensaxes?

si. Se prefires escoitar as túas mensaxes na web poderalo facer do seguinte modo:
- entra no enlace de mensaxería unificada
- introduce o teu número de teléfono e o contrasinal do teu contestador. Ese contrasinal pódelo xerar directamente no contestador de voz seguindo os pasos explicados no manual de usuario ou ben podes facelo dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "PIN contestador móbilR".

podo recibir faxes no contestador?

si, o contestador de R permíteche recibir fax. Para lelos, podes facelo de 3 formas:
- acceder vía web ao contestador como che explicamos no manual de usuario.
- reenviar o fax a unha máquina de fax. Indicámosche como configurar a máquina de fax onde envialos no manual de usuario.
- tamén os podes reenviar a un correo electrónico, dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "configurar contestador móbilR".

non poden deixarme mensaxes no contestador, por que pode ser?

pode ser por dúas razóns:
- que non teñas activado o contestador. Actívao co seguinte comando *004*278# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono.
- que teñas o contestador cheo. Borra mensaxes antigas do teu contestador e xa poderás recibir novas mensaxes. Para borralos, debes pulsar a tecla 3 cando estás a escoitar a mensaxe. Se necesitas máis información sobre o manexo desta funcionalidade, podes atopar a información no manual de usuario.

para que serve o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal do teu contestador ten 3 funcionalidades:
- acceder ao contestador dende o estranxeiro.
- acceder ao contestador dende o teléfono móbil doutra persoa.
- acceder vía web ás túas mensaxes do contestador.

como podo configurar o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal pódelo xerar directamente no contestador de voz seguindo os pasos explicados no contestador de voz seguindo os pasos explicados no manual de usuario ou ben podes facelo dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "PIN contestador móbilR".

non me acordo do contrasinal do meu contestador e non podo entrar, como podo sabelo?

se non o lembras, debes cambialo. Pódelo facer dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "PIN contestador móbilR".

como podo coñecer as funcionalidades da miña caixa de correo?

accede ao teu contestador marcando o 22277 e en cada menú, pulsando a tecla 0, indicarémosche as opcións que tes.
tamén poderás coñecer o funcionamento da caixa de correo a través do manual de usuario.

mans libres

é compatible o meu teléfono R cun sistema de mans libres para falar no coche?

por suposto. Todos os terminais de R levan bluetooth e pódense conectar con calquera dispositivo de mans libres que uses no teu coche.

non podo conectar o meu móbil R cun mans libres Parrot?

para solucionar calquera problema, o mellor é que te conectes ao soporte de Parrot para atopar toda a información para conectarte. Selecciona o modelo de Parrot que tes e unha vez elixido, poderás ver o teu modelo de teléfono e os pasos a seguir para conectalo. Tamén poderás ver máis información sobre sincronización de contactos automaticamente ou como facelo a través das opcións do teu teléfono e unha serie de preguntas frecuentes que che axudarán

control parental

como podo contratar o servizo?

poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e elixe a opción de "control de gasto".

como accedo?

a xestión é totalmente web. Entra na web de clientes e alí terás un acceso aos teus servizos contratados; localiza o servizo de móbilR que queres xestionar e entra na opción de “control parental”.

números permitidos

podo contratar o servizo de números permitidos?

o único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR. Se é así, pódelo contratar.

como podo contratar o servizo?

poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e escolle a opción de "control de gasto".

como accedo?

a xestión é totalmente web. Entra na web de clientes e alí terás un acceso aos teus servizos contratados; localiza o servizo de móbilR que queiras xestionar e entra na opción de “control parental”.

SMS premium

que son os SMS premium?

mensaxes premium son as mensaxes curtas a remitentes especiais (non a números de teléfono) que enviamos para subscribirnos a noticias, para votar nun concurso, para ver se ao autobús lle falta moito para chegar, para enviar as nosas opinións a programas de televisión, para descargarnos tons de música ou xogos, etc

a restrición de SMS Premium ten custo?

non. R non cobra nada por tramitar unha restrición de SMS Premium.

podo restrinxir os SMS premium?

si, podes facelo dende a páxina de configuración do teu móbilR, na opción "restricións on/off"

podo quitar a restrición de SMS premium cando queira?

si. Se nalgún momento queres volver enviar SMS premium, cobraránseche

se poño a restrición de SMS Premium, deixan de cobrarme os SMS premium?

si. No momento no que se poña esa restrición, o cliente xa non poderá enviar SMS Premium e non se lle cobrarán e tampouco recibirá SMS Premium que teñan custo.

non sempre. Os SMS premium pódelos recibir directamente no teu teléfono sen que pasen por R, polo que non podemos asegurarche que deixes de recibilos.
o que si podemos asegurarche é que non terás ningún custo por eses SMS, porque ese provedor non ten acordo con R e polo tanto non se che cobrarán.
a única forma de que deixes de recibilo é te poñas en contacto co provedor de contidos para que che dea baixa nos seus sistemas. R non pode facelo porque, como che indicamos, non temos acordo con ese provedor.

se poño a restrición de SMS Premium, deixo de recibir as mensaxes do banco?

como che indicamos, se o teu banco manda as mensaxes a través de R, deixas de recibilo. Pode ser que o teu banco o envíe directamente ao teu móbil sen pasar por R e entón seguiralas recibindo, pero se non, se pos a restrición, deixarás de recibir esas mensaxes.

se poño a restrición de SMS Premium, xa non podo enviar mensaxes premium por sms?

poderás envialas, pero nunca chegarán ao seu destino e polo tanto, non terán ningún efecto e non se che cobrarán.

SMS web

que é o envío de SMS dende web?

é un novo servizo de R que che permitirá enviar mensaxes curtas aos teléfonos que necesites dende o teu ordenador de forma que che resulte máis sinxelo escribir as mensaxes

que diferenza hai entre o envío individual e o masivo?

a funcionalidade de envío masivo e individual é a mesma: facilitarche o envío de mensaxes curtas. A única diferenza está na forma de escribir as mensaxes. O envío masivo está pensado para aquelas persoas que van mandar moitas mensaxes e dispoñen da información dos seus contactos en ficheiros excel. Coa aplicación de envío masivo podes cargar ese ficheiro en lugar de ter que introducir todos os contactos a man. Polo demais, ambas as dúas funcionalidades son iguais.

que necesito para poder enviar mensaxes curtas dende a web?

para poder enviar mensaxes curtas dende a web tes que cumprir 2 requisitos:
1. ter unha liña de móbilR.
2. ter un usuario para acceder á web de clientes para poder xestionar e utilizar a túa liña de móbil. Para saber máis sobre como acceder á web de clientes e ter permisos, le o capítulo 8 do manual de usuario.
ademais, se queres utilizar a funcionalidade de envío masivo, deberás contratar un bono de envío de mensaxes previamente.

como accedo ao servizo?

podes facelo a través da web http://smsweb.mundo-r.com/

na miña conta teño varias liñas móbiles, todas elas teñen acceso a esta funcionalidade?

o servizo é para todas as liñas móbiles de R.
se tes varias liñas e queres utilizar o envío individual, cando entres na aplicación elixe a liña que queres utilizar e enviarás a mensaxe con esa liña.
por outra parte, se o que queres é utilizar o envío masivo, o servizo só estará dispoñible para as liñas nas que contratases un bono de mensaxes.

podo enviar mensaxes multimedia dende a web?

non. O servizo é só de envío de mensaxes curtas, pero xa estamos a traballar para que nun futuro poidas enviar dende a web mensaxes multimedia tamén.

podo enviar mensaxes a máis dunha persona á vez dende a web?

si, o servizo permitirache enviar mensaxes a todos os destinatarios que queiras á vez. Ten en conta que se envías mensaxes a varias persoas che cobraremos o prezo dunha mensaxe por cada persoa á que envíes.Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

podo enviar mensaxes concatenadas (de máis de 140 caracteres) dende a web?

si, o servizo permitirache enviar mensaxes concatenadas. Escribe todo o texto que queiras e envíao. Ten en cuenta que se envías mensaxes concatenadoa, o prezo final será o correspondente ao total de mensaxes individuais enviadas. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

podo ter mensaxes predefinidas para envialas rapidamente?

si. O servizo dáche a funcionalidade de crear modelos de mensaxes que despois poderás utilizar para enviar mensaxes cando queiras. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

podo programar o envío dunha mensaxe, é dicir, escribila agora e enviala máis tarde?

si. O servizo permíteche crear a mensaxe e definir a hora ou o día no que queiras envialo. Iso si, só poderás envialo ata 3 días máis tarde do momento no que o estás escribindo. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

como podo saber se a mensaxe que enviei se entregou?

a aplicación dispón dunha pantalla onde verás todas os mensaxes enviadas. Ao lado de cada mensaxe dirémosche se houbo algún problema co envío. OLLO, esta información indícache que a mensaxe foi admitida e se se tratou de entregar ao destino. Se o destino ten o teléfono apagado ou fóra de cobertura, pode non tela recibido.

podo ter unha axenda de contactos na aplicación?

si. O servizo dáche a posibilidade de crear a túa propia axenda de contactos e grupos (para que se queres enviar unha mensaxe a moitas persoas á vez, non teñas que ir escollendo un a un senón, elixir un grupo e enviar a todos os contactos á vez).
tamén podes importar contactos que teñas nun excel ou nun ficheiro csv á aplicación para usalos en envíos posteriores no caso de envío masivo, non che daremos a posibilidade de enviar mensaxes a un grupo, porque o envío farase coa información do ficheiro que cargases, e nese ficheiro é onde indicarás todas as personas ás que queres enviar un mensaxe
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

cando queira enviar unha mensaxe, terei acceso á listaxe dos últimos teléfonos utilizados para enviala?

desde a pantalla de envío individual si, porque cremos que a maioría das veces enviarás mensaxes ás mesmas personas, así que terás sempre visible a listaxe dos últimos teléfonos utilizados para que poidas mandar mensaxes de forma cómoda e rápida.
desde a pantalla de envío masivo, como a mensaje se envía aos destinos incluídos no ficheiro, non ten sentido que che deamos máis opciones de selección.
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

podo personalizar o remitente de envío das miñas mensaxes?

si, se queres enviar as túas mensaxes cun remitente alfanumérico en lugar de co teu número de teléfono.
solicita oremitente que queiras, validarémolo e poderás empezar a usalo en todos os teus envíos.
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario.

o envío de mensaxes dende a web ten prezo?

o envío dunha mensaxe curta a través dun operador de telefonía móbil ten un custo aínda que a envíes dende a web.

como identifico na miña factura as mensaxes enviadas dende a web?

as mensaxes enviadas dende a pantalla de sms individual identificaralas no detalle da túa factura porque virán cun tipo especial, sms web ou sms web R en función do destino da mensaxe enviada desde a web
aqueles que enviásedes dende a pantalla de envío masivo non aparecerán na túa factura, porque o seu prezo é cero. Si aparecerá o importe do bono de mensaxes no mes no que o compraras

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto