chámanos GRATIS881 304 130
Mundo R
área cliente

881 304 130

Ordenador, ratón y planta

móbil

roaming

en que países vou poder usar o meu móbilR (voz e datos) como se fora España?

poderás usar a túa tarifa como se estiveras en España nestes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (illas de Reunión e Guadalupe incluídas), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Italia/Vaticano, Islandia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal (Azores/Madeira incluídos), Reino Unido (excepto illas da canle), República Checa, Romanía e Suecia.

cal é a política de uso razoable do roaming dentro da UE?

podes consultar a política de uso razoable aquí.

son un cliente de móbilR e non sei se teño o roaming activo. Como podo sabelo?

para saber se o tes activado, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".

como activo o roaming?

para activar o servizo de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".

canto tempo tarda en activarse o roaming?

dende que o solicitas, está activado en menos de 24 horas. Se non fose posible cumprir este prazo, chamaríamoste directamente.

se estou no estranxeiro, podo activar o roaming?

para activar o servizo de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".

eu quero activar o roaming de datos pero non o de voz, é posible?

non é posible. Non hai unha restrición de só voz porque podes decidir facer ou non unha chamada, ou ben atendela ou non. Se non queres realizar consumos de voz, tes a opción de non chamar ou non descolgar.

quero ter roaming de voz pero non de datos, podo facelo?

si, é posible dende o botón de "restricións on/off".

son cliente dun produto só datos e quero activar datos no estranxeiro, que teño que facer?

por defecto, o roaming de datos está desactivado. Para activar o servizo de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".

ao activar o roaming, que podo facer?

ao activar o roaming poderás chamar, facer videochamadas, enviar e recibir sms, mms e navegar. Isto ten un custo maior que en España, incluída a navegación, xa que os datos no estranxeiro non están incluídos no prezo da túa tarifa.

dende o estranxeiro podo realizar unha transferencia de chamada, chamada en espera ou multiconferencia?

non, non é posible.

pódense realizar desvíos de chamada dende fóra de España?

os desvíos do tipo se non contestas, se non hai cobertura ou se estás ocupado, non se poden realizar. Si se permiten os desvíos incondicionais (cando sempre se desvía a chamada a otro número). Non se permite, en ningún caso, desviar chamadas a números internacionais.

eu uso internet no meu móbil (correo, whatsapp, facebook, noticias, etc.) e vou ao estranxeiro. Alí segue a funcionar?

si, salvo que indicaras que non queres usar internet móbil no estranxeiro. Ver en "restricións on/off".

activei o roaming, pero agora non podo chamar nin enviar mensaxes desde o estranxeiro ou non teo cobertura. Que debo facer para ter servizo?

se activaches o roaming e verificaches que o teu terminal é compatible cas bandas do país no que estás e ainda así non tes cobertura proba a facer unha selección manual da rede. Para saber como facelo, mira o manual do teu teléfono.

verifica tamén que chamas ou envías sms poñendo diante do número de teléfono34 ou 0034. Por exemplo, se queres chamar ao 698 111 445 e estás no estranxeiro, debes facelo ao número 0034 698 111 445 ou ao 34 698 111 445.
por último, comproba que non teñas ningunha restrición aplicada que impida a realización de chamadas ou o envío de sms en roaming en "restricións on/off".

como accedo ao buzón de voz dende fóra de España?

tes que marcar o número 698.111.278 para consultar as túas mensaxes antigos. Pero a quen te chame non lle vai saltar o buzón se ti estás en roaming internacional.

avísanme se o meu teléfono consume datos no estranxeiro?

si, se tes o roaming activado e o teu teléfono fai uso de datos,avisarémoste varias veces para que esteas sempre informado do uso que estás a facer e do custo que che supón. En concreto, recibirás estes avisos:
avisos por mensaxe curta
- recibirás un primeiro sms no momento no que se produza a 1ª conexión a internet dende o teu móbil. Nesa mensaxe informarémoste do custo de cada mega descargado (tarifas de datos no estranxeiro) e que para desactivar o acceso a internet e non incurrir en custos, debes conectarte a una páxina de internet para bloquear o acceso a datos. Se non realizas ese bloqueo, facturaremos o consumo que fagas.
- recibirás un 2º sms cando alcances un importe de 40 € en zona 1* ou 80 € en calquera outro país. Nesa mensaxe informarémoste da cantidade que xa consumiches e que para desactivar o acceso a internet e non incorrer en máis custos, debes conectarte a unha páxina de internet para bloquear o acceso a datos. Se non realizas ese bloqueo, seguiremos a facturar o consumo que fagas. Se decides bloquealo, non poderás realizar máis consumos de datos en roaming ata o novo ciclo de facturación.
- recibirás un terceiro e último aviso cando alcances un importe de 50 € en zona 1* ou 80 € en calquera outro país. Nesa mensaxe, indicarémosche que alcanzaches o máximo consumo permitido en roaming e que salvo que indiques expresamente que desexas seguir accedendo a internet e seguir incorrendo nun maior custo conectándote a unha páxina de internet, suspenderase o acceso a internet ata o seguinte ciclo de facturación.
avisos mediante páxina web
- no momento no que abras un navegador para conectarte a unha páxina de internet, verás unha páxina informando do custo de cada mega descargado (tarifas de datos no estranxeiro) e terás 2 botóns para decidir se queres continuar navegando e asumir o custo do servizo ou bloquear o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás realizar consumos de datos no estranxeiro ata o novo ciclo. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas e facturaremos o custo do acceso a internet dende o estranxeiro.
- se decidiches navegar asumindo ese custo, cando alcances o valor de 40 € na zona 1* ou 80 € en calquera outro país, verás unha nova páxina onde te informaremos do importe consumido e terás 2 botóns para decidir se segues navegando ou bloqueas o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás realizar conexións de datos no estranxeiro ata o novo ciclo de facturación. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas e facturaremos o custo do acceso a internet dende o estranxeiro.
- por último, verás unha tercera e última pantalla de aviso cando chegues aos 50 € na zona 1* ou a 80 € en calquera outro país. Nesa pantalla, dirémosche que alcanzaches un importe de 50 € ou de 100 €, en función do país no que estás a navegar, e terás 2 botóns para decidir se segues a navegar ou bloqueas o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás usar os datos ata o nuevo ciclo. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas, xa non recibirás más avisos e aplicarémosche na túa factura o custo do acceso a internet dende o estranxeiro que realizaras.
*zona 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechestein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Vaticano

ao activar o roaming, podo usar o meu teléfono móbil en calquera país?

ademais de activar o roaming, debes verificar que o teu terminal é compatible. Para isto tes que mirar en cobertura internacional (roaming) se o teu teléfono soporta as bandas do país ao que viaxas.

se estou no estranxeiro e non podo ver as tarifas na web, como me podo enterar do que me custa chamar, navegar ou enviar sms?

no te preocupes. Se non puideches mirar as tarifas na web, cando acendas o teu teléfono e escollas unha rede, enviarémoste de forma gratuíta un sms cos prezos do servizo no país no que te atopes.

eu teño un plan de datos para o uso do meu correo no móbil. No estranxeiro, o consumo que faga está incluído nese plan?

dentro dos países do Espazo Económico Europeo (zona 1), podes mirar o correo como en España, sen pagar máis. No resto de países os datos teñen un prezo distinto non incluído na túa tarifa.

cal é o número de atención de R dende outro país?

+34 698 111 449 para particulares e +34 698 111 446 para empresas. O custo é gratuíto se chamas dende un número de R. Se chamas dende outro número, o custo dependerá das tarifas dese operador.

que tipo de chamadas están incluídas por roaming na UE?

non haberá recarga nos consumos de datos realizados en itinerancia dentro da UE, nin nas chamadas de voz ou SMS realizados en itinerancia con orixe e destino na mesma.
as chamadas realizadas en roaming nun país da UE con destino outro país fóra da UE (zonas 2 e 3) si terán recargas.

co fin das recargas polo roaming dentro da UE, son gratuítas tamén as chamadas internacionais aos países da UE que faga dende España?

non, as chamadas a outros países que se realicen desde o móbil en territorio nacional seguen tarificándose como chamadas internacionais. A non aplicación das recargas por roaming en la UE só fai referencia ao sobrecusto que antes tiñan as chamadas realizadas dende eses países por estar conectado á rede dun operador estranxeiro.

queres contratar R?

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-22h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto