Ordenador, ratón y planta

móbil

problemas más habituais

se teño un problema co meu móbil ou tarxeta, que podo facer?

ante cualquera problema podes abrir unha incidencia a través da nosa web, e os nosos axentes axudarante a resolvela..

se teño un problema e estou no estranxeiro, a que número podo chamar?

se estás no estranxeiro podes chamar ao +34 698 111 445 e os nosos axentes axudaranche a resolver calquera problema. O custo da chamada é gratuíto

como podo verificar se o meu teléfono ou cartón están estragados?

normalmente podes realizar unhas pequenas comprobacións que poden servir para descartar problemas puntuais ou orientar ao noso operador para que identifique a avaría e che poida orientar mellor sobre como resolvela
- comproba que tes cobertura
- se dispós doutro teléfono de R, saca o cartón SIM e introdúceo nel e comproba que persiste o problema
- se dispós doutra batería, cambia a batería do teu móbil por outra e comproba que persiste o problema

o meu móbil estragouse, que fago?

podes abrir unha incidencia na web de clientes, e informarémosche de todos os pasos para arranxar o teu teléfono. Se o teléfono está en garantía, R encargarase de tramitala sen que ti teñas que preocuparte. Se non, informarémosche do custo da reparación e ti decidirás se o reparas ou non.

roubáronme o móbil, que fago?

chama gratis ao 1449 se es cliente particular ou ao 1446 se es cliente profesional ou empresa, e informarémosche de todos os pasos para dar de baixa o cartón roubado e como conseguir un novo

metín mal o meu PIN e bloqueei o meu teléfono, que fago?

tranquilo, busca o número na túa tarxeta ou ben entra na sección de móbilR da web de clientes, e escolle "ver PIN e PUK do meu móbilR". Unha vez que o teñas, tes 2 posibilidades:
- seguindo as instrucións do teu móbil: na pantalla do teu móbil irán aparecendo as instrucións para desbloquear o móbil.
- a través da secuencia estándar: ** 05* PUK* PIN NOVO* PIN NOVO #
- o novo PIN que se programe, pode ser o que anteriormente tiñas ou un novo. Aínda así é recomendable programar un PIN NOVO, pois non todos os móbiles aceptan o mesmo PIN no desbloqueo do cartón
OLLO, non introduzas mal 10 veces o teu número PUK ou bloquearás definitivamente o teu teléfono

metín mal o meu PUK e bloqueei o meu teléfono, que fago?

se metiches mal o teu PUK 10 veces, o teu cartón SIM bloqueouse definitivamente e será necesario substituílo. R tramitará a reparación do teléfono pero terás que asumir o custo do novo cartón. Por iso che recomendamos que, antes de introducir o número PUK 10 veces, accedas á sección de móbilR da web de clientes, e comprobes o teu PUK no apartado "ver PIN e PUK do meu móbilR".

non podo enviar un MMS?

R permite o envío de MMS a outros operadores. Se tes problemas, por favor verifica estas cousas:
1. a túa configuración para envío e recepción de MMS é a adecuada.
2. verifica que non enviaches unha mensaxe de máis de 300k. É o máximo permitido en España para o envío de mensaxes
se aínda así non podes enviar MMS, por favor, abre incidencia na web de clientes e trataremos de axudarte.

factura móbil

recibirei unha nova factura na miña casa?

se xa es cliente de R, o teu consumo móbil engadirase á factura que xa recibes e terás todos os teus gastos nunha única factura.
se non es cliente de R, empezarás a recibir unha factura de R en lugar da do teu antigo operador

vou recibir a factura na miña casa nunha data distinta á que a recibo agora?

non, a chegada do móbil non afecta aos procedementos de R. Seguirás recibindo a factura e o resto de comunicacións de R nos mesmos momentos que as recibes actualmente

cando comprei o meu móbil, pagueino con tarxeta e agora aparece outra vez na miña factura, por que? estanmo cobrando 2 veces?

é necesario que a compra do teu móbil apareza na factura para que se tes algún problema, sírvache como xustificante para aplicar a garantía. Por iso aparéceche na factura. Garda esta factura por se a necesitas se xa pagaches o terminal, non se che cobra por segunda vez. Ao final da túa factura, facémosche un desconto igual ao prezo do terminal para que só pagues o que consumiches

podo consultar a miña factura, o meu consumo ou obter duplicados pola web?

si, R permite que na túa zona privada teñas acceso ás túas facturas para obter duplicados así como coñecer o consumo que levas.

como interpreto a miña factura?

é moi sinxelo. Explicámosche a información que atoparás na túa factura neste enlace.

renovación móbilR particulares

cando podo renovar o meu móbil?

poderás renovar cando pagaras toda a financiación do teu terminal. Podes consultar na web de clientes se xa podes renovar as túas liñas ou ben coñecer a data a partir da cal poderás renovar cada unha.

como podo renovar o meu móbil?

só tes que entrar na web de clientes e pinchar no botón de "renovación de móbilR" ou, se o prefires, podes achegarte a unha tenda R e realizar alí o proceso.

como afecta a renovación ao compromiso de permanencia?

todos os trocos de móbil sobre unha liña implican o pagamento do terminal durante 24 cotas.

cando e como recibo o meu novo terminal?

o prazo habitual de entrega é de dous días no enderezo que nos indicases ao realizar o troco.

renovación móbilR empresas

como consigo un novo terminal se xa teño móbilR?

se xa es cliente de móbilR, en canto remates a túa permanencia ou pagases o financiamento dun móbil anterior, poderás acceder a un novo terminal. Só debes ir á web de clientes e na sección tenda poderás escoller o terminal que desexes.

e se necesito un terminal antes de rematar a miña permanencia ou pagar o meu financiamento?

se necesitas un terminal antes de rematar a túa permanencia ou pagar o teu financiamento, fala co teu comercial e trataremos de buscar unha solución

como pago as cotas do terminal que renovo?

como xa temos os teus datos bancarios, pasarémoste no teu seguinte recibo as cotas mensuais e o pagamento inicial, se o houbese, do terminal elixido

aumento plan de datos

que pasa cando chego ao límite do plan de datos que teño contratado?

cando alcanzas o límite do bono de datos, de forma automática esténdese o bono en 1GB con custo. Se volves superar este 1GB, amplíase de novo 1GB. Así ata un máximo de 3 veces segundo o custo indicado en tarifas.mundo-R.com.
tamén podes solicitar que por defecto se reduza automaticamente a velocidade unha vez que superas o teu bono de datos..

a quen aplica este comportamento?

a todas as liñas de móbilR (excepto liñas M2M), tanto de xa clientes como en novas altas.

pódese desactivar a ampliación automática de datos?

si, aínda que esta é a modalidade por defecto, podes desactivala e seguir na mesma modalidade que antes. É dicir, redúcese a velocidade cando se esgota o bono de datos. Este cambio de modalidade poderase realizar dende a web de clientes ou dende a app de R sen ningún custo.

por que se establece como modo por defecto a ampliación automática do bono de datos?

porque queremos ofrecer a solución máis cómoda posible para os clientes que máis usan as súas liñas de móbilR, realizando de maneira automática o axuste do bono ao consumo necesario. Na actualidade o proceso de ampliación do bono de datos non é sinxelo cando tes a conexión a velocidade reducida. Para os clientes que non chegan ao tope do seu bono esta nova funcionalidade non lles afecta. En todo caso, na web de clientes podes axustar as túas preferencias.

é posible activar ou desactivar a ampliación automática en calquera momento?

si. Podes solicitar en calquera momento da túa factura activar ou desactivar a funcionalidade dende a web e o cambio farase en cuestión de minutos. Podes facelo ao principio do ciclo de facturación (do 22 ao 21 de cada mes no caso de clientes particulares e microempresas e do 1 ao último día de mes no caso de medianas e grandes empresas), antes de superar o bono ou despois de aplicarse unha ampliación automática (sempre que superes o límite de datos, recibirás un SMS desde onde poderás acceder á configuración do servizo para desactivar a funcionalidade se o desexas). Iso si, se xa se aplicou a ampliación automática, cobrarase o seu importe.

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática e alcanzo o límite contratado, podo ampliar puntualmente o bono de datos?

si. Se non tes activada a ampliación automática, poderás aumentar manualmente o teu plan de datos. As opcións son as indicadas en tarifas.mundo-R.com

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática quen pode contratar o aumento do plan?

só o podo facer o titular do contrato. Por razóns legais, non se pode autorizar a outra persoa contratar servizos de R. Pódese coller un novo bono de datos desde a web de clientes, na sección “contratar novo bono”.

se supero o meu plan de datos, contrato un aumento e vólvoo a superar, podo contratar un novo aumento?

permitimos un máximo de 5 aumentos por cada factura. Despois diso, deberás esperar a que se acabe ese ciclo para volver recuperar a máxima velocidade.

que ocorre se non quero contratar un aumento de plan de datos?

se escolliches a funcionalidade de que se che reduza a velocidade non pasará nada. Simplemente, a partir do momento que superes os datos contratados seguirás navegando a velocidade reducida ata a seguinte factura, onde recuperarás a máxima velocidade. Se tes a modalidade de aumento automático, non tes que preocuparte de nada: navegarás a máxima velocidade de forma automática cun máximo de cinco ampliacións de 1GB cada unha.

se escollín a funcionalidade de redución de datos ao finalizar o plan contratado e contrato un aumento, o mes seguinte cóbranmo tamén?

non. O aumento só ten lugar na factura en que o contratas. Despois, segues a ter unicamente o plan de datos que contrataches e só pagas por ese plan ou pola túa tarifa.

é posible personalizar o número máximo de ampliacións de datos nun mes?

se tes renovación automática, o máximo de ampliacións nun mes é de 3. No caso de que teñas renovación manual, non hai límite de ampliacións.

se un mes quero que se amplíe de forma automática o bono, pódoo facer?

si. Na web de clientes podes configurar as túas preferencias e cambiar o comportamiento do teu plan de datos segundo as túas necesidades.

podo contratar un aumento do meu plan de datos se teño unha multiSIM de datos?

residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

hai outras vías?

cando compras un Aparello Eléctrico e Electrónico (AEE) de R podes entregar en calquera das nosas tendas o equipo vello para que sexa reutilizado ou reciclado.
todos os AEE que voluntariamente decidas reciclar serán recolleitos e tratados en centros especializados de reciclaxe cumprindo a lexislación vixente, así estarás a contribuír a preservar a nosa contorna.
antes de levar a cabo dita devolución asegúrate por favor de que retiraches as pilas, que deberán ser desbotadas nos colectores destinados para ese efecto.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto