Ordenador, ratón y planta

internet

wificlientes R

ise o meu router é un punto wificlientesR, estou a compartir o meu ancho de banda?

non, os puntos wificlientes R teñen un ancho de banda extra para as conexións de wificlientes R e non consumen do ancho de banda do cliente.

a que velocidade me conecto en wificlientes R?

a velocidade á que te conectas dependerá da cobertura do wifi, de se estás máis ou menos lonxe do punto e do tipo de punto wificlientes R.

non puiden conectarme nalgún punto de wificlientesR pero si noutros, teño algún problema de configuración?

se non puideches conectarte na rúa a algún punto é posible que nese momento ese punto tivese alcanzado o número máximo de clientes conectados.

proba a conectarte noutros puntos wificlientes R. Se podes conectarte a outros puntos non tes ningún problema de configuración.

é seguro conectarse á rede wificlientes R?

si, é unha rede segura. O teu dispositivo conectarase de forma segura automaticamente. Recorda que só tes que configuralo unha vez e despois xa se conectará só sen que ti fagas nada.

se teño unha multisim, podo acceder ao servizo?

si. Se tes unha multisim tes unha conexión simultánea a maiores. Utiliza esa conexión para conectar o dispositivo no que teñas a multisim.

recibín unha mensaxe que me di que superei o número máximo de conexións simultáneas, que quere dicir?

esta mensaxe quere dicir que conectaches á vez máis dun dispositivo cos mesmos datos do combo ou do teu móbilR. Recorda que tes unha conexión simultánea por cada produto. Aínda que podes configurar varios dispositivos para conectarse a wificlientesR por cada combo, só poderás ter un dispositivo conectado ao tempo.

recibín unha mensaxe de tráfico cursada en wificlientesR, que quere dicir?

esta mensaxe indícate que xa cursaches 20 GB de tráfico por wificlientes R e que, a partir dese momento e ata o seguinte mes (día 22 do mes seguinte se es un cliente particular ou negocio e día 1 do seguinte mes se es empresa), terás unha velocidade en wificlientes R de 256 Kbps (256 Kbps de baixada e 256 Kbps de suba).

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto