chámanos GRATIS881 304 130
Mundo R
área cliente

881 304 130

Ordenador, ratón y planta

fixo

opcións de telefonía

que facilidades existen á hora de identificar unha liña?

como cliente de R dispós das seguintes facilidades de identificación da liña de orixe e da liña conectada e do xeito no que afectan á protección da intimidade e ao dereiteo á protección dos datos de carácter persoal:

  • “desactivación da presentación do usuario chamante”: ao recibir unha chamada, pódese ver no terminal telefónico o número que chama, a condición de que o terminal teña esa prestación e o chamante non suprimise a identificación da liña de orixe. Esta funcionalidade está activada por defecto en todas as liñas de R. A súa desactivación impedirá ver a identificación do que realiza a chamada en todas as chamadas recibidas. Tanto a presentación do usuario chamante como a desactivación da presentación do usuario chamante son servizos gratuítos.
  • “restrición chamada a chamada da identificación da liña de orixe”: permite ocultar o número ao facer unha chamada, de maneira que non se vexa no terminal telefónico ao que está a chamar, marcando o código 067 antes do número de teléfono en cada chamada desde un teléfono fixo ou ben o código #31# para chamadas desde teléfono móbil. Esta funcionalidade é gratuíta e está activada por defecto en todas as liñas de R. Con todo, a pesar de que o cliente active este servizo, o número aparecerá identificado nas chamadas que realice a entidades que presten servizos de chamadas de urxencias (112) e outras autorizadas para a atención das de emerxencia ou ás relacionadas coa seguridade pública ou a defensa nacional, ou cando sexa procedente conforme á normativa sobre protección e suspensión das garantías do segredo das comunicacións.
  • “restrición permanente da identificación da liña de orixe”: permite que o número non se vexa no terminal telefónico ao que está a chamar de maneira automática e para todas as chamadas. Con todo, como no caso anterior, o número aparecerá identificado nas chamadas realizadas a servizos de chamadas de urxencias (112), relacionadas coa seguridade pública ou a defensa nacional ou cando sexa procedente conforme á normativa. O servizo é gratuíto.
  • “rexeitamento de chamadas desviadas”: permite, no servizo de telefonía fixa, rexeitar chamadas entrantes que fosen desviadas por parte dun terceiro. O servizo é gratuíto. Esta facilidade non se dá no servizo de móbil.
  • “rexeitamento de chamadas con restrición da identificación da liña de orixe”: este servizo permite ao cliente do servizo de telefonía fixa rexeitar as chamadas cuxo número de orixe non veña identificado. Este servizo non é gratuíto. Se o activa aplicaranse as tarifas publicadas e vixentes en cada momento para o servizo. Esta facilidade non se dá no servizo de telefonía móbil, aínda que determinados terminais si ofrecen esta facilidade.
  • "supresión da identificación da liña conectada”: no caso de que transfiran ao terminal dun cliente unha chamada realizada a outro número e a súa liña sexa dixital, o número pode verse na pantalla do terminal telefónico do que realizou a chamada. O cliente pode impedir que o que realiza a chamada vexa o seu número solicitando a activación deste servizo para o servizo de telefonía fixa. O servizo é gratuíto. Esta facilidade non se dá no servizo móbil.
para activar o “rexeitamento de chamadas con restrición da identificación da liña de orixe” e para desactivar os servizos 1, 3, 4, 5 e 6 , podes solicitalo por escrito enviando unha fotocopia do teu DNI ao fax gratuíto 900.82.55.82 ou no apartado de correos 2096, 15080.
a activación dos servizos sinalados cos números 1, 3, 4, e 6 pódelos solicitar por teléfono (1449 para particular e 1446 para empresas), no correo fala-conR@mundo-R.net ou a través de clientes.mundo-R.com.

como se configuran os desvíos de chamada?

para liñas fixas e móbiles: .

  • desvío inmediato: desvía sempre todas as chamadas que recibas.
    • para activar, preme *21* (despois pon o nº ao que se desvía) e pulsa de novo #
    • para desactivar, pulsa #21#
  • desvío se comunica Desvía as chamadas se a túa liña se encontra ocupada.
    • Para activar, pulsa *67* (nº ao que desvía) e preme #
    • Para desactivar, pulsa #67#
  • desvío se non contesta Desvía as chamadas cando esteas ausente.
    • para activar, preme *21# (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
    • para desactivar, preme #21#

para liñas IP: .

  • desvío inmediato: desvía sempre todas as chamadas que recibas.
    • para activar, preme *21# (despois pon o nº ao que se desvía) e pulsa de novo #
    • para desactivar, preme #21#
  • desvío se comunica Desvía as chamadas se a túa liña se encontra ocupada.
    • para activar, pulsa *67# (nº ao que desvía) e pulsa #
    • para desactivar, pulsa #67#
  • desvío se non contesta: desvía as chamadas cando estea ausente.
    • para activar, pulsa *61# (nº ao que desvía) e preme #
    • para desactivar, preme #61#

podo ocultar a miña identidade cando realizo unha chamada?

permítelle ocultar o seu número cando realice unha chamada, de maneira que non se visualice no terminal telefónico ao que está chamando, marcando o código 067 dende unha liña fixa de R ou o código #31# dende unha liña de móbilR antes do número de teléfono en cada chamada. Esta funcionalidad é gratuita e está activada por defecto en todos as liñas de R. No entanto, malia que active este servizo, o seu número aparecerá identificado nas chamadas que realice a entidades que presten servizos de chamadas de urxencias (112) e outras autorizadas para a atención das de urxencia ou ás relacionadas coa seguridade pública ou a defensa nacional, ou cando sexa procedente conforme á normativa sobre protección e suspensión das garantías do segredo das comunicacións.

que é a fiestra de cambio?

Son tres horas en las que se realiza el proceso de cambio de operador durante este tiempo deja de funcionar la línea de tu operador actual y las llamadas comienzan a recibirse en tu nueva línea de R con tu número de siempre.

podo elixir a data e a hora da fiestra de cambio?

son tres horas nas que se realiza o proceso de cambio de operador durante este tempo deixa de funcionar a liña da túa operador actual e as chamadas comezan a recibirse na túa nova liña de R co teu número de sempre

como se activa e desactiva a chamada en espera?

co servizo de chamada en espera non perderás ningún recado urxente, porque podes recibir novas chamadas mentres falas por teléfono

  • como se activa e se desactiva?
    • Para activar, pulsa *43#
    • PPara desactivar, pulsa #43# se tes activado o desvío inmediato ou o desvío comunica, non recibirás a indicación de chamada en espera
  • como se utiliza?
    unha vez activado, mentres falas por teléfono un dobre ton avisarache que tes unha nova chamada .Neste momento podes:
    • aceptar a chamada en espera e reter a actual: pulsa R, espera o ton e pulsa 2.
      para cambiar dunha chamada a outra: pulsa R espera o ton e pulsa 2.
      para terminar a chamada en curso e seguir coa outra: pulsa R, espera o ton e pulsa 1 .
    • ignorar a indicación.

onde podo atopar o número dun cliente de R?

se desexas coñece-lo número de teléfono dun cliente de R ou de outro operador, podes chamar a calquera servizo de información, onde che ofrecerán os teléfonos de empresas e particulares de toda España

queres contratar R?

chámanos de balde:

881 304 130

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-22h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto