Ordenador, ratón y planta

3ollos R

requisitos e proceso de compra

hai compromiso de permanencia en 3ollos R?

aínda que podes dar de baixa o servizo no momento que queiras, se o fas antes de 12 meses, terás abonar o custo da instalación.
ademais, terás que seguir facendo fronte ás cotas de financiamento de equipos pendentes.

se xa teño 3ollos R móbil, como contrato 3ollos R fogar?

podes contratar 3ollos R fogar a través da web de R, nos teléfonos gratuítos 1449 para clientes particulares e 1446 para clientes profesionais ou empresas, mediante os nosos comerciais e nos nosos puntos de venda autorizados.

podo contratar unicamente 3ollos R fogar?

se contratas 3ollos R fogar, por defecto, xa tes a funcionalidade móbil. Ao descargarte a app de 3ollos R, terás acceso tanto á funcionalidade de 3ollos R fogar como á funcionalidade de 3ollos R móbil.

se contrato 3ollos R, teño que firmar un contrato novo con R?

si. Ademais do contrato que debes asinar ao dar de alta o teu combo, mambo ou móbil, as características dos novos servizos de 3ollos R así como a dos futuros que xurdan, obrígannos á formalización dun contrato que recolla as obrigas, condicións e dereitos de ambas as partes.

cal é a mínima velocidade da internet que preciso para que funcione 3ollos R?

a mínima velocidade da internet que precisas é de 2Mbps de velocidade de subida, así que, con que o teu router estea aceso, sempre terás suficiente velocidade para que funcione 3ollos R.

podo ter máis dun 3ollos R no meu fogar ou empresa?

non é posible. Estamos a traballar para que poidas instalar un segundo concentrador por se necesitas que 3ollos R actúe nun lugar ao que, pola distancia, non chegas cun único concentrador (un trasteiro por exemplo).
o que si é posible é contratar máis produtos 3ollos R para outras vivendas, como a túa casa de vacacións, o teu negocio,...

se teño un combo marmota, segue funcionando 3ollos R?

si. Aínda que teñas un combo marmota, o teu servizo 3ollos R seguirá funcionando. Ti non poderás navegar, pero o concentrador si poderá conectarse a internet para que o teu servizo 3ollos R funcione. Ollo, para que 3ollos R funcione correctamente, asegúrate de que o concentrador e o router están sempre acesos.

teño que comprarlle os sensores a R?

non necesariamente. Poderás adquirir sensores, sempre que sexan compatibles cos estándares soportados por R, onde desexes. E incorporalos á túa instalación de 3ollos R. Iso si, R non ofrecerá ningún tipo de soporte técnico sobre estes equipos.

podo engadir máis sensores ao meu 3ollos R?

or suposto. Podes comprar e engadir novos sensores á túa instalación sempre que o desexes.
no teu fogar, podes engadir ata 4 sensores ou medidores e ata 2 cámaras en cada instalación de 3ollos R.
no teu negocio, podes engadir ata 7 sensores ou medidores e ata 3 cámaras en cada instalación de 3ollos R.

recibirei unha nova factura por 3ollos R?

non. Os teus cargos e compras de 3ollos R engadiranse, nunha nova sección, á factura que xa recibes como cliente de R.

como aparece na miña factura 3ollos R?

é moi sinxelo. Explicámosche a información que atoparás na túa factura en soportefactura.mundo-R.com.

que pasa despois de contratar 3ollos R?

procederemos á instalación do equipamento no teu fogar ou empresa. Unha vez fixada a cita para a instalación acudiremos ao teu fogar ou empresa e realizaremos a instalación e activación do concentrador e sensores, medidores ou cámaras que adquirises.
os equipos inclúen unha guía para que saibas como sacarlle pulo ao servizo.

quero instalar unha cámara na miña casa ou no meu negocio É necesario que asine algún documento cos meus empregados e R?

RR non ten ningún tipo de responsabilidade sobre o uso que se faga das imaxes e sons que rexistran as cámaras de 3ollos R. O tratamento dos datos que rexistren os dispositivos de captación de imaxes de 3ollos R é responsabilidade do titular do servizo.
se queres coñecer máis información respecto ao uso deste tipo de datos recomendámosche que lle botes unha ollada á AEDP (Axencia Española de Protección de Datos).

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto