menú

os teus dereitos por ter R

alta gratis

en todos os combos.
 

instalación básica gratis

en todos os combos. Esta instalación é totalmente gratuíta. Non inclúe tomas adicionais nin cableados superiores a 20 metros. Nestes casos excepcionais presentarémosche un presupoto axustado para que o prezo non supoña un inconvinte.
 

promoción de benvida

aplicarémosche a nosa promoción de benvida, que consiste nun desconto nas primeiras facturas do teu combo e un desconto no prezo do teu teléfono móbil. Podes consultala en tarifas.mundo-R.com
 

instalación realizada por técnicos de R na túa casa

ademáis, deixamos configurados os produtos de teléfono, internet e televisión.
 

manter números de teléfono non ten ningún coste (portabilidade)

se portas a R números fixos e móbiles que tiñas noutros operadores, podes conservar estes números en R sen coste algún.
 

alta velocidade constante por fibra óptica

garantimos o 80% da velocidade contratada nos nosos accesos a internet (con cable UTP 5e ou superior, non pudendo garantir con wi-fi ao ser un entorno radio non controlado por R. Máis info aquí).
 

a mellor cobertura móbil

en España e 168 paises. Consulta aquí a cobertura nacional e internacional de móbilR.
 

chamadas gratis a móbiles

os combos inclúen chamadas a móbiles gratis:

  • tarifa plana aos números da túa conta (60 min. por chamada)
  • +150 min a móbiles con opción tvR HD ou tv total HD
  • +150 min a móbiles con 200 megas
  • +100 min a móbiles se contratas factura electrónica

 

chamadas a fixos incluídas

a liña de teléfono de R leva incluídas todas as chamadas a fixos nacionais. A tarifa plana a fixos nacionais inclúe os 120 primeiros minutos de cada chamada nacional.
 

web exclusiva para clientes R

en clientes.mundo-R.com, poderás acceder aos teus servizos e xestións a calquera hora do día e sen esperas: consultar as túas facturas, o que levas consumido, os teus servizos contratados e outras xestións, como renovar o teu móbil, solicitar a factura electrónica...
 

atención gratuíta ao cliente

24 horas ao día, 365 días ao ano. Por teléfono, fax ou email. En galego ou en castelán. Información, modificacións de servizos, incidencias, reclamacións, etc.

 

mantemento a domicilio en 48h

os nosos produtos inclúen gratuítamente o mantemento a domicilio con substitución dos equipos se é preciso.
 

todos os servizos nunha única factura, e agora tamén con factura electrónica

para que che resulte máis fácil consultar as túas facturas, R inclúe todos os servizos nunha única factura. Solicita de forma gratuíta a túa factura electrónica en factura.mundo-R.com.