menú

podes contar con nós

atención gratuíta ao cliente

24 horas ao día, 365 días ao ano. Por teléfono, fax ou email. En galego ou en castelán. Información, modificacións de servizos, incidencias, reclamacións, etc.

 

 

 

mantemento

todos os combos de R inclúen gratuítamente un compromiso de resolución de incidencias que impliquen corte de servizo. Comprometémonos a resolver a incidencia en 48 horas laborais ou en 12 horas se contratas mantemento bronce. O mantemento inclúe a substitución dos equipos de acceso se é preciso.
 

alta velocidade por fibra óptica

os nosos servizos de acceso a internet proporciónanse a través da nosa propia rede de fibra óptica. Por iso, nos nosos accesos a internet garantimos o 80% da velocidade contratada (con cable UTP 5e ou superior, non pudendo garantir con wi-fi ao ser un entorno radio non controlado por R. Máis info aquí).
 

uso simultáneo de teléfono, internet e televisión, a mellor cobertura

de novo, grazas ao emprego da nosa propia rede de fibra óptica, podes falar por teléfono, ver a televisión de R e navegar a alta velocidade por internet ao mesmo tempo e en óptimas condicións.
 

a mellor cobertura móbil

en España e 168 paises. Consulta aquí a cobertura nacional e internacional de móbilR.
 

atención especializada en internet

R ofréceche un servizo técnico especializado en internet para resolver dúbidas, atender incidencias, axudarch coas configuracións dos equipos, etc. Podes acceder a este servizo a través do teléfono grautito 1449, as 24 horas do día, os 365 días do ano.
 

compromiso de ofrecerch sempre a mellor relación calidade-prezo

en R revisamos continuamente os prezos dos nosos servizos para que seempre contes coas alternativas máis competitivas do mercado. O compromiso de R coa calidade-prezo é un dos aspectos mellor valorados polos nosos clientes.
diversos estudos, como o Índice Stiga de Satisfacción do Consumidor Español e Navegantes en la Red, realizados por entidades independentes, avalan que R é a operadora líder en España en aspectos tales como a satisfacción dos seus clientes e o nivel de recomendación e fidelidade, tanto en telefonía coma en internet e televisión.
 

todos os servizos nunha única factura, e agora tamén con factura electrónica

para que che resulte máis doado consultar as túas facturas, R inclúe todos os servizos nunha única factura. Solicita de forma gratuíta a túa factura electrónica en factura.mundo-R.com.