menú

o proceso de alta de móbilR

1 contratación de servizo

a solicitude de alta é o primeiro paso para ser cliente de móbilR. O proceso é o mesmo, tanto se te das de alta firmando un contrato con comercial coma se o fas a través da nosa web ou mediante chamada telefónica ao centro de atención ao cliente.
 

2 recepción da documentación (só altas con portabilidades telefónicas ou web)

unha vez recibamos a documentación firmada, ou ben realicemos a verificación telefónicamente, continuaremos co proceso de alta.
 

3 recepción do terminal móbil

a) se non solicitaches portabilidade, no plazo duns tres días despois de que solicitaras o alta recibirás na túa casa un paquete co teléfono móbil e a tarxeta SIM (ou ben só a tarxeta SIM, se non pediches ningún terminal móbil). Lembra que o mensaxeiro só lle entregará o móbil ao titular da liña, acreditado co seu DNI.

b) se portas o número do teu antigo operador, o proceso será o seguinte:

  • no plazo aproximado de dous días laborables despois de que recibíramos a túa solicitude de portabilidade ou ben a verificación telefónica, recibirás na túa casa un paquete co teléfono móbil e a tarxeta SIM.
  • unha vez confirmado que recibiches o terminal (é conveniente que nos chames cando o recibas para axilizar o trámite), solicitaremos a túa portabilidade e na madrugada do segundo día laborable, o teu número xa será de R.

no punto 5 tes máis información sobre a portabilidade. Lembra que o mensaxeiro só lle entregará o móbil ao titular da liña, acreditado co seu DNI.
 

4 activación

despois da recepción do terminal tes que chamar ao centro de atención ao cliente, ao número gratuito 1449, para que, se é unha alta nova, procedamos a activar a liña e se é unha portabilidade, poidamos proseguir co proceso. A partir desa chamada, nun máximo de 2 horas ou ben despois da ventana de cambio (se pediches portabilidade), terás a túa liña móbilR en funcionamento. Te enviaremos un SMS para configurar tu móvil, de manera que quede totalmente operativo.
 

5 a ventana de cambio (só altas con portabilidade)

a ventana de cambio é o periodo de tempo durante o cal deixará de funcionar a túa antiga liña móbil e pasará a funcionar a nova liña móbil de R, sempre mantendo o teu número de teléfono. Este proceso ten lugar entre as 2 e as 6 da madrugada para evitar que perdas chamadas. Producirase na madrugada do segundo día laborable despois de que solicitáramos a túa portabilidade (o mesmo día que nos confirmes que recibiches o teu terminal). O día despois de solicitar a túa portabilidade (o día antes a que se produza o teu cambio a móbilR), enviaremosche un SMS ao teu número de teléfono para indicarche cando terá lugar o cambio.