menú

o proceso de alta do teu mambo

1 contratación dos servizos

dende que te das de alta como cliente comeza a conta atrás para a instalación na túa casa dos servizos contratados. O proceso é o mesmo, tanto se te das de alta firmando un contrato con comercial coma se o fas a través da nosa web ou mediante chamada telefónica ao centro de atención ao cliente
 

2 comunicación da data de instalación

unha vez recibamos a documentación asinada ou ben realicemos a verificación telefónicamente, continúa o proceso de alta, que será diferente dependendo de se xa dispoñías dunha liña fixa no teu domicilio ou non. A continuación explicámosche o proceso:

a) clientes que xa dispoñían de liña fixa no seu enderezo (con ou sen ADSL)
chamarémoste para darche unha data de instalación nun plazo dunhas 72 horas.

Se tiñas ADSL, cando deixes de ter servizo do teu antigo operador podes chamarnos ao 1449 para concertar unha data cun técnico de R que che instalará o noso servizo o antes posible. Despois da instalación de R terás de novo o servizo de internet operativo.

Non deixarás de desfrutar do servizo de telefonía en ningún momento do proceso de alta. En aproximadamente unha semana dende a solicitude da alta enviaremosche un correo electrónico ou SMS para indicarche dende qué data che pasa a facturar R as chamadas de teléfono.

Normalmente o proceso dende que recibimos a documentación asinada ata que teñas todos os servizos operativos con R dura uns 15 días.

b) clientes que non dispoñían de liña fixa no seu enderezo
se non dispoñías dunha liña fixa no teu enderezo antes de darte de alta con R, o proceso é similar ao anteriormente explicado, pero previamente é preciso que se che instale unha liña fixa. Para iso, no prazo máximo de 15 días, un instalador de Movistar deixará colocado no teu enderezo un PTR (a caixa ata onde chega o cable da liña).

En canto Movistar nos comunique que se che instalou a liña daremosche unha cita para que o instalador de R pase polo teu enderezo, che instale a toma e o router e che deixe o servizo de internet e teléfono totalmente confgurado e operativo.
Normalmente todo este proceso dura uns 25 días.
 

3 instalación

explicámosche os pasos da instalación a continuación.
 

o día da instalación

imos instalar na túa casa os servizos de R e queremos que sexa do teu agrado e que cause o menor trastorno posible.
 

explicación antes de comezar

antes de comezar, comentarémosche qué servizos imos instalar e cómo os instalamos, acordando contigo o paso dos cables, a colocación das tomas, etc.
 

comprobamos que os servizos funcionan

probaremos diante de ti o correcto funcionamiento dos servizos instalados.
 

kit de benvida

ao rematar a instalación entregarémosche un kit de benvida onde atoparás información sobre os servizos contratados.
 

deixamos configurado o teu acceso a internet

se contrataches internet, o acceso quedará configurado e comprobaremos que o teu equipo, PC ou Mac, navega correctamente. Ensinarémosche o velocímetro R, a páxina na que podes comprobar a velocidade de navegación (velocimetro.mundo-R.com)

ademáis, podes configurar as túas contas de correo e outros servizos a través da web de clientes de R.

todas as contas de correo electrónico de R inclúen antivirus e antispam. Recomendámosche que as configures e as uses. O instalador explicarache cómo se activa unha conta de correo e descargará o manual actualizado para que o teñas a man.
 

limpeza e supervisión

finalizado o traballo técnico, deixaremos a túa casa nas mesmas condicións de limpeza e orde na que se atopaba.
 

axúdanos a mellorar

se queres facer algunha suxerencia sobre cómo mellorar o proceso de instalación, podes facelo a través de clientes.mundo-R.com, enviando un correo electrónico a fala-con-R@mundo-R.net) ou no teléfono gratuito 1449.
 

outras cousas a ter en conta

baixa do antigo operador

non é preciso que xestiones a baixa das liñas de teléfono ou do ADSL. Sen embargo, debes asegurarte de que o teu antigo operador non che segue facturando alúgueres de equipos nin bonos de consumo a partires de que che confirmemos que tes o servizo activado con R.
 

seguemento do proceso

en calquera momento poderás consultar cómo vai a alta dos teus combos R (en espera de portabilidade, activados, etc.). Para sabelo só tes que entrar na web clientes.mundo-R.com.