menú

o proceso de alta do teu combo

1 contratación dos servizos

dende que te das de alta como cliente comeza a conta atrás para a instalación na túa casa dos servizos contratados. O proceso é o mesmo, tanto se te das de alta firmando un contrato con comercial coma se o fas a través da nosa web ou mediante chamada telefónica ao centro de atención ao cliente
 

2 comunicación da data de instalación

ben no momento da chamada de alta, ben uns días despois, comunicarémosche a data de instalación. A data de instalación non debe ser superior a 15 días laborables. Se por calquera razón allea a R non se pudiesen cumplir estes plazos, explicarémosche a situación e darémosche unha data de instalación alternativa.
 

3 instalación

explicámosche os pasos da instalación a continuación.
 

o día da instalación

imos instalar na túa casa os servizos de R e queremos que sexa do teu agrado e que cause o menor trastorno posible.
 

explicación antes de comezar

antes de comezar, comentarémosche qué servizos imos instalar e cómo os instalamos, acordando contigo o paso dos cables, a colocación das tomas, etc.
 

comprobamos que os servizos funcionan

probaremos diante de ti o correcto funcionamiento dos servizos instalados.
 

deixamos configurado o teu acceso a internet

se contrataches internet, o acceso quedará configurado e comprobaremos que o teu equipo, PC ou Mac, navega correctamente. Ensinarémosche o velocímetro R, a páxina na que podes comprobar a velocidade de navegación (velocimetro.mundo-R.com)

ademáis, podes configurar as túas contas de correo e outros servizos a través da web de clientes de R.

todas as contas de correo electrónico de R inclúen antivirus e antispam. Recomendámosche que as configures e as uses. O instalador explicarache cómo se activa unha conta de correo e descargará o manual actualizado para que o teñas a man.
 

limpeza e supervisión

finalizado o traballo técnico, deixaremos a túa casa nas mesmas condicións de limpeza e orde na que se atopaba.
 

axúdanos a mellorar

se queres facer algunha suxerencia sobre cómo mellorar o proceso de instalación, podes facelo a través de clientes.mundo-R.com, enviando un correo electrónico a fala-con-R@mundo-R.net) ou no teléfono gratuito 1449.
 

outras cousas a ter en conta

baixa do antigo operador

se desexas pasar a R o teu número de teléfono actual (este proceso chámase "portabilidade de número"), non é preciso que xestiones a baixa das liñas de teléfono ou do ADSL. Sen embargo, debes asegurarte de que o teu antigo operador non che segue facturando alúgueres de equipos nin bonos de consumo.
 

cambio do teu número de teléfono a R

cando solicites a portabilidade do número, o primeiro que faremos é instalar a liña de R na túa casa. A continuación, nun plazo normalmente inferior a 10 días, terá lugar o cambio do teu número de sempre á liña de R. Este proceso dura unhas tres horas durante as cales non poderás recibir chamadas. Feito o cambio, xa poderás utilizar o teléfono de R para facer e recibir chamadas co teu número de sempre.
 

seguemento do proceso

en calquera momento poderás consultar cómo vai a alta dos teus combos R (en espera de portabilidade, activados, etc.). Para sabelo só tes que entrar na web clientes.mundo-R.com.