menú

a túa casa a un clic


paso 1

descarga a aplicación de R de Play Store (se tes un móbil con Android). Segue as instrucións. Unha vez descargada aparecerá co resto de apps.


paso 2

descarga a aplicación de 3ollos R. Segue as instrucións. Unha vez descargada aparecerá co resto de apps.


paso 3

para usar a app, necesitas o contrasinal de acceso á web de clientes R. Accede a clientes.mundo-R.com e rexístrate (se xa tes o contrasinal da web de clientes R, podes saltarte este paso).
Tamén poderás acceder se tes un usuario autorizado.


paso 4

deberás poñerlle un nome ao teu dispositivo. Serve para que poidas recibir notificacións. Consulta o punto recibe avisos no teu móbil para saber máis.


se tes máis dun servizo contratado, terás que seleccionar cal queres consultar. Para cambiar, en inicio pulsa sobre a icona con forma de casa.


no menú principal, podes consultar as medidas de todos os teus sensores e medidores en tempo real. Se queres consultar o histórico de medidas, pulsa a icona estatísticas do sensor que máis che interese.


no menú principal, pulsa o botón de play para ver o teu cámara en directo. Para ver as imaxes a pantalla completa pulsa a icona expandir.


pulsando REC, poderás gravar o que estás a ver. Pulsa stop para deixar de gravar. Ten en conta que 3ollos R pode gravar vídeos de ata un minuto.


paso 1

pulsa no menú.


paso 2

escolle a opción gravacións para revisar todos os teus vídeos.


paso 1

pulsa no menú.


paso 2

configura os modos en manual ou en programado.

pulsando en manual, terás que dicirlle sempre a 3ollos R se estás na casa ou se é de noite.

para facelo, pulsa en cada unha das opcións (noite, en casa ou fóra de casa) cando corresponda.


pulsando en programado, activarás un horario para que 3ollos R saiba se estás na casa ou se é de noite. Pulsa en editar, para configurar o horario ao teu gusto.


paso 1

pulsa no menú.


paso 2

escolle a opción regras para que 3ollos R avíseche ou actúe por ti.


paso 3

pulsa en crear unha nova regra.


paso 4

escolle a regra que máis se adapte ao que buscas. Pulsa na icona con forma de frecha para configurala.


unha vez remates e gardes os cambios, aparecerá activa na listaxe de regras.


no menú principal, podes acender e apagar sensores pulsando o conmutador.