menú

a app de 3ollos R

app R

se tes android, podes utilizar a aplicación de 3ollos R. Para que funcione correctamente, o primeiro é descargar a app de R. Aquí tes unha guía de instalación por se tes dúbidas.

 app de R

utiliza o código QR para acceder á aplicación ou ben fai clic aquí:

app android

 app 3ollos R

utiliza o código QR para acceder á aplicación ou ben fai clic aquí:

app android

e que se pode facer?

consulta as túas cámaras e sensores

saber quen abriu a porta de casa, que temperatura hai no salón, se hai unha fuga de auga ou se a televisión da habitación dos nenos está acesa é máis fácil coa app de 3ollos R. Poderás consultar rapidamente as medidas rexistradas por todos os teus sensores ou acceder ao detalle de cada un deles. Ademais, poderás visionar as cámaras en directo e gravar o que estás a ver para botarlle un ollo máis tarde.

personaliza 3ollos R

sabías que podes configurar 3ollos R para que te avise ou actúe por ti? Estás a tardar en configurar 3ollos R para que se acenda automaticamente a luz cando os nenos se ergan pola noite ou para que te avise se deixaches a porta de casa aberta. Coa app poderás programar os avisos e accións que queiras. Despois, só terás que dicirlle a 3ollos R se estás na casa ou se é de noite.

controla o consumo do teu fogar

a lavadora, o frigorífico, o lavalouzas… Non paramos en todo o día, así que non está de máis controlar o noso consumo eléctrico. Coa app de 3ollos R poderás saber canto consomen os teus electrodomésticos ou comparar a potencia eléctrica que usaches coa factura da luz. Tamén poderás acender e apagar enchufes, pedirlle a 3ollos R que te avise cando os chumbos estean a piques de saltar ou que apague a televisión cando estea en stand-by.

e moitas máis cousas. Descarga a app e descobre os primeiros pasos.